BLUES TIME é unha banda galega de bluesrock nada no 2018. Pese a nutrirse de diferentes estilos, o blues é a súa referencia máxima, tanto no musical como na mensaxe crítica e de liberación, utilizando ese espírito para plasmar a súa visión do contexto actual.

Trala ruptura de Blue Note que Lucas formara en 2016 xunto a Jonathan, Niko e Xoan, decidiu formar un novo proxecto no 2017 baixo o nome de BLUES TIME.

BLUES TIME comezou con Lucas Rodicio á guitarra, Jonathan Diz á voz, Efrén Nóvoa ao baixo, Xabier Cid á batería e Xabier Vaz aos teclados.

Para presentar o proxecto ao público, e mentres traballaban no seu primeiro disco, no 2018 publican Katharsis, o seu primeiro traballo, composto por Upset me baby y Chitlins con carne, dous clásicos levados ao blues para marcar o punto de partida. A finais dese mesmo ano, Kinhos Saburido uníuse a BLUES TIME nas percusións.

Despois de dous anos de traballo, en 2019 publican o seu primeiro disco, chamado BLUES TIME album, no que participan un amplo abano de colaboracións da escena musical.

A presentación do disco homónimo leva a BLUES TIME a tocar no Ribeiro Blues&Wine Festival, no Salitre Fest, no Auditorio Municipal de Ourense ou na Sala Son, entre outros. Cabe subliñar o concerto no Teatro Principal de Ourense, lugar escollido para a presentación oficial do disco no que chegan a pasar até dúas decenas de músicos polo escenario, colgando o cartel de «completo».

A finais de 2019, Jonathan ten que deixar o proxecto e no seu lugar entra Daniel Rodríguez, co que xa traballaran anteriormente. Coa banda asentada despois da chegada do novo frontman, BLUES TIME encara unha xira con máis de quince concertos que finalmente serían cancelados pola crise sanitaria. Entre todo isto, Xabier Vaz ten que deixar o proxecto.

Ante esta situación, 2020 é o punto de partida para o segundo traballo de estudo do grupo, o cal levará o nome de The sound of silence.

Lucas

Lucas Rodicio (Allariz, 1993) empeza os seus estudos de guitarra aos 13 anos de forma autodidáctica. Pronto comeza a dedicarlle máis tempo á súa paixón, asistindo a clases regulares con profesores como Fernando Calvo (Los Suaves), Jose Rubio (Warcry) ou David Cid.

Tras traballar en diferentes academias e colexios, e tocar en diversas formacións, decide crear BLUES TIME, unha banda de rockblues, coa que grabou o seu primeiro disco: BLUES TIME album.

Ao longo dos anos formou parte de bandas coma TABú, Mary Swing Band, La Sombra, Barra Libre, Os tres porquiños, Ménage à Trois, Gargantúa, Sloe Gin ou Grupo Nazaret, e acompañou a artistas coma Daniel Minimalia ou David Prado.

Ademais, exerce como docente en academias e colexios coma La Casa de la Música, Tempo 118, Guillelme Brown, Academia Kontrapunto ou Escola de Música de Trasmiras.

Dani

Daniel Rodríguez (Caracas, 1997) empezou os seus estudos de violín aos 6 anos no Conservatorio de Música Emil Friedman, onde cursou o grao elemental e o grao superior de violín con Mariana Utrera e Iván Pérez. Durante os seus anos de estudos de violín no conservatorio tocou como solista con Virtuosi de Caracas, Arcos Juveniles de Caracas e o guitarrista Aquiles Báez.

En 2014 emigra a Galicia, onde comezará a formarse como vocalista e guitarrista de forma autodidacta.

Último en incorporarse a BLUES TIME, actualmente tamén participa no grupo The Vest Blues Band como cantante, e en Os dous porquinhos coma cantante, violinista e percusionista.

Xabi

Xabi Cid (Allariz, 1995) comeza as clases de batería con Aser Álvarez aos sete anos, incorporándose ao Conservatorio Profesional de Música de Ourense un ano despois. Alí cursa o Grao Elemental e o Grao Profesional de Percusión Clásica, con Martirio Domenech, Darío González e Marcos Vázquez.

En 2013 múdase á Coruña para comezar a estudar batería na especialidade de jazz no Conservatorio Superior da Coruña, onde finalmente en 2018 remata os seus estudos de batería da man de Fernando Llorca.

Durante este tempo toca en distintas bandas coma TABú, Gargantúa, Ménage à Trois, Maestro, CSM Coruña Big Band, Gerson Tineo Trío, Sés, BLUES TIME... ademais de dar clases en diferentes centros académicos coma Pulsar Rock School ou Escola da Asociación Musical de Allariz.

Efrén

Efrén Nóvoa (Ourense, 1990) comienza sus estudios de bajo eléctrico a la edad de 14 años, asistiendo a clases particulares con el bajista ourensano David Cid, y compaginándolos con los estudios universitarios.

En 2014, xa instalado na Coruña, asiste a clases de baixo eléctrico e contrabaixo con Quique Alvarado, e de harmonía e improvisación con Sergio Delgado. Dous anos máis tarde, accede ao Conservatorio Superior de Música da Coruña, na especialidade de baixo eléctrico Jazz baixo a tutela de Kin García.

Ao longo da súa carreira musical, acompañou e grabou discos para numerosas formacións de diversos estilos: rock, funk, pop, jazz, folk, fusión... como Coanhadeira, Carlos Barruso Quintet, C.S.M. A Coruña Big Band, MCarballo, Daniel Minimalia, Five Coincidences e BLUES TIME, entre outras. Ademais, asistiu a diferentes clases e masterclass de músicos de talle nacional e internacional, coma John Stowell, Ellio Zigmoud, Chris Cheek, Giulio Martino, Francesco d´Erico e Pablo Castaño, entre outros.

Kinhos

Kinhos Saburido (Ourense, 1987) comezou no mundo da música con 5 anos na banda de gaitas "A Follateira". Máis tarde, entra no Colectivo Castro Floxo de Ourense, onde comeza a introducirse na percusión tradicional da man de José Carlos Pérez Paz. Tamén comeza estudos no conservatorio de Ourense, compaxinando a ensinanza clásica coa percusión tradicional.

Hoxe é mestre na Escola de Música Tradicional de Ourense AOFT Gomes Mouro, na academia TEMPO 118, e na escola de música do Guillelme Brown.

Aparte do labor como docente, colabora como batería e percusionista nos proxectos Coanhadeira, Daniel Minimalia, Emilio Rúa, Linho do Cuco, Fiandola, Lobos do Espacio ou BLUES TIME, entre outros.

Como percusionista tradicional gañou numerosos premios, tanto en cuartetos como acompañante de gaiteiros solistas. Entre outros, destacan o concurso de Cuartetos de Ponteareas, o Memorial "Manuel Villanueva", ou o Memorial "Manuel Texo" (Vedra), sendo un dos percusionistas máis premiados de Galicia nos últimos dez anos.